Sinopse
Atréveste a pasar o Nadal cunha familia un pouco… salvaxe? En Nadal cos Savage, entramos da man de Evelyn, unha nena de oito anos, no divertido e caótico mundo dunha gran familia aristocrática da Inglaterra eduardiana. As travesuras, os xogos e as perrenchas infantís entretécense co brillo das nobres solemnidades nadaleiras dunha sociedade vetusta que a I Guerra Mundial pronto transformaría para sempre.